jueves, 26 de febrero de 2009

A vida é evolución constante, aínda que á maioría lle parezca que todo é inmutable e segue a selo mesmo.
Unha “mala racha” é, simplemente, o estourido dos impactos acumulados desa evolución. Os cambios son tan pequenos que ó comezo nin se notan; depois xa se aprecian nas fines de semán, e agora os cambios xa non nos deixan viver como antes e resulta imprescinbible procurar outros entornos, outras relacións ou profundizar nas xa existentes.
A vida é evolución: Todos temos uhna orixe común, pero todos somos agora distintos, grazas ó imperio da diversidade, grazas ás nosas decisións, á nosa vida, que non é máis que evolución.
Ninguén pode negar nin ignoralo evidente: todas e cada una das nosas experiencias individuais deixarán unha pegada no noso inconsciente.

martes, 17 de febrero de 2009

...A felicidade...

A teoría económica conductista, que surxiu fai uns cantos anos, publicou un estudo recente que dicia que ante a crise a xente era máis feliz. O motivo é porque como ven que o veciño lle van peor as cousas, síntese mellor, é máis feliz.

A vedade e que estou moi dacordo con isto, pois eu vivo nunha vila moi pequena, duns miles de habitantes onde, como é de supoñer, todos nos coñecemos. Ó largo da miña vida (relativamente curta, só 26 aniños) puiden ver como en moitas ocasión na contra de ser felices cos nosos éxitos, somos más felices cos fracasos alleos. Pódese chamar envexa, pódese chamar X. No mundo empresarial sería coma se unha empresa na contra de tentar ter o máximo benefico posible, o que quixera sería que a competencia lle foran mal ás cousas. Coma se en lugar de alegrarme porque o meu amigo teña moza, alegrárame se o deixara. Pregúntome cantas persoas alegraránse máis dunha ruptura sentimental que de que un amigo/coñecido encontre o amor. Aínda que agora falo dunha parella, podemos tamén poñer o exemplo do paro (tan de moda na actualidade).

Aquí o deixo, pero é para pensalo...

lunes, 16 de febrero de 2009

E como dixo a raiña de corazóns...

...para quedarse nun mesmo sitio, hai que correr moito...

(Alicia en el país de las maravillas)

¿Será certo? ás veces semella frustante o camiño, pero se un quere chegar á cima, supoño que antes debeu correr moito, ¿non?...Non sei se chegarei á miña meta, pero ó menos tentareino..

martes, 10 de febrero de 2009

Recomenzar


Este ano comezo unha nova etapa na miña vida.

Ás veces párome a pensar se realmente merece a pena o esforzo. Estudar, traballar...para qué? para quén? a alguén lle importa?

Agora é o meu momento. Adeus ós medos!

Unha aperta compañeiros