jueves, 16 de abril de 2009

O que nos motiva...

Hoxe, quero deixar unha reflexión que xaºteño dende fai tempo: ¿cáles son as motivacions da xente?



Coñecendo, falando e observando á xente da miña idade ou un pouco mais xove observei que o único que motiva á maioría é saír de festa. ¿Non é triste? ¿Eso é o que queremos facer da nosa vida? ¿Saír de festa? ¿Beber? A xente que deixou de estudiar ou os que acabaron os estudos e xa están traballando, só pensan na finde semán e semella que aborrecen o seu traballo, que só é un medio para conseguir cartos o final do mes e non ven que no traballo e en durmir van a invertir a maioría do tempo da súa vida...carecen de plan de carreira...podemos dicir que a súa vida carece de sentido? E isto é independiente de ter parella ou non...é triste, pero é así...



Máis adiante cando a xente xa se estabiliza e a maioría cásase ou vive en parella, o que nos motiva é competir co veciño, sí sí, quen ten o coche máis caro, quen van máis tempo de vacacións, etc. Teño un veciño, que mercou un Honda (para lucirse, porque valen unha pasta e o fine o cabo non teñen nada, porque non deixa de ser a gama baixa da Lexus) e cando paso diante da sua casa e vexo que non ten cartos para pintala (porque a ten recebada e quen merca ese tipo de coches e non a ten pintada é poque non pode), pois no meu adentro dígome: qué triste...o coche, a roupa que leva e as vacacións que se da, iso vese pero ter un fogar, un traballo no que realizarse, semella que ser secundario (pois o pobre home traballa a destallo nas obras para pagalo coche e como se soe dicir o postureo)...



Así digo: ¿qué é o que nos motiva?