viernes, 20 de marzo de 2009

Morriña...




Como se soe dicir: o mal tempo boa cara.
O mellor equivocome pero a vida, como a economía, móvese en ciclos, nuns atópaste no pico e noutros no val...agora toca tempo de val...o peor de todo e que cando estas mal, veas a cousas peor, e non ves saida a este ciclo que comeza e semella non ter fin...

viernes, 13 de marzo de 2009

Decidir

Conversación cunha amiga:

….O outro día quedei cunha amiga da universidade á que facía case un ano que non vía. Parece mentira que durante unha época nos viamos case a cada momento e agora vexámonos de ano en ano. Cheguei ,démonos dous bicos e comezamos a falar. Un dos temas máis recorrentes cando xa fai tempo que non ves a alguén é o traballo e as relación persoais. O traballo ós dous vainos ven, por sorte, así que pasamos a falar do segundo tema. A pobre muller lamentabase de non atopar o home adecuado e que xa tiña 24 anos e que xa era hora de asentar. Acababa de ter unha relación de 2 meses cun rapaz, pero as cousas non foron ben. E así leva dende os 18 anos (cando eu a coñecin) mantendo relacións (se a iso se lle pode chamar relación) de semanas ou como moito 2-3 meses. Un rasgo que a min me caracteriza é a sinceridade e cando a pobre muller me dicía que non tiña sorte, que pacería que alguén lle votara un conxuro, eu contesteille como xa dixen, con sinceridade. A miña resposta foi: Muller, ti tes o que buscaches. Creo que esta resposta non lle gustou moito. Pero sí, ten o que se buscou, se cando tiña 18 anos nos andivera de flor en flor, quizais algún rapaz a tomaría enserio, na contra de cómo lle ocorre hoxe en día. A conversación seguiu…

As nosas decisións pasadas marcarán o noso futuro.

jueves, 5 de marzo de 2009

Divisando o horizonte!


Moitas lembrazas dos veráns que xa non volverán...porqué tempos pasados sempre foron mellores??

martes, 3 de marzo de 2009

O medo

hoxe déronme unha idea para comeza-la entrada: O medo. ¿qué é o medo? ¿onde nos leva?...como xa dixen, e palabras de punset (filla) considera que a infelicidade está relacionada co medo, coa pertenza a un grupo (fai millons de anos non estar nun grupo, supuña moi probablemente a morte). Hoxe en dia xa non é así. Pero o medo, ó meu parecer, lévanos a ser infelices. ¿qué hai máis triste que face-las coousas por medo? ¿qué hai máis triste que estar toda a vida na casa (dos pais) por medo a sair fora? ¿qué hai másis triste que escoller unha carreira (laboral ou universitaria) por medo (a sair fora)? ¿qué hai másis triste que ter un traballo no que non desfrutas do que fas e só pensas na hora de saida? ¿qué hai máis triste que escudarte na pena e non sair dunha mesma situación que sempre se repite? ¿qué hai máis triste que estar só (ainda que teñamos amizades)? A resposta é o medo.