martes, 17 de febrero de 2009

...A felicidade...

A teoría económica conductista, que surxiu fai uns cantos anos, publicou un estudo recente que dicia que ante a crise a xente era máis feliz. O motivo é porque como ven que o veciño lle van peor as cousas, síntese mellor, é máis feliz.

A vedade e que estou moi dacordo con isto, pois eu vivo nunha vila moi pequena, duns miles de habitantes onde, como é de supoñer, todos nos coñecemos. Ó largo da miña vida (relativamente curta, só 26 aniños) puiden ver como en moitas ocasión na contra de ser felices cos nosos éxitos, somos más felices cos fracasos alleos. Pódese chamar envexa, pódese chamar X. No mundo empresarial sería coma se unha empresa na contra de tentar ter o máximo benefico posible, o que quixera sería que a competencia lle foran mal ás cousas. Coma se en lugar de alegrarme porque o meu amigo teña moza, alegrárame se o deixara. Pregúntome cantas persoas alegraránse máis dunha ruptura sentimental que de que un amigo/coñecido encontre o amor. Aínda que agora falo dunha parella, podemos tamén poñer o exemplo do paro (tan de moda na actualidade).

Aquí o deixo, pero é para pensalo...

2 comentarios:

  1. Isto faime recordar un dito popular que di "mal de moitos, consolo de tontos", aínda que en realidade a frase orixinal era "mal de moitos, consolo de todos". E é así, parece que nos gusta escudarnos nas desgracias alleas para explicar as nosas desgracias ou fracasos e sentirmos mellor, coma se fosemos incapaces de sentir ledicia polo ben alleo.

    Se nos paramos a pensalo é bastante triste, pero, en moitas ocasións, miramos máis para o que fan os demais, o ben ou mal que lles vai (se lles vai ben sentimos envexa e se lles vai mal "alivio" ou "consolo") no canto de mirar dentro de nós.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Falaba eu nun post sobre a vertixe da felicidade. Resulta complicado acadar a felicidade por medios propios, gústanos ter o traballo feito.
    A saída máis doada a simple vista e a de acadar estímulos nos males alleos. "Eu estou mal, pero fulano está peor, e mengano aínda peor" e ti mesmo te sintes como a cúspide dunha pirámide de infelices na que, nese intre, chegas a ser o máis feliz de todos.
    É complicado buscar a felicidade nun mesmo, sen escudarse ou apoiarse noutros. Isto pasa porque a felicidade, ó igual ca morte, co medo ou ca enfermidade, da vertixe.
    Noraboa polo post!! un saúdo!!

    ResponderEliminar