viernes, 13 de marzo de 2009

Decidir

Conversación cunha amiga:

….O outro día quedei cunha amiga da universidade á que facía case un ano que non vía. Parece mentira que durante unha época nos viamos case a cada momento e agora vexámonos de ano en ano. Cheguei ,démonos dous bicos e comezamos a falar. Un dos temas máis recorrentes cando xa fai tempo que non ves a alguén é o traballo e as relación persoais. O traballo ós dous vainos ven, por sorte, así que pasamos a falar do segundo tema. A pobre muller lamentabase de non atopar o home adecuado e que xa tiña 24 anos e que xa era hora de asentar. Acababa de ter unha relación de 2 meses cun rapaz, pero as cousas non foron ben. E así leva dende os 18 anos (cando eu a coñecin) mantendo relacións (se a iso se lle pode chamar relación) de semanas ou como moito 2-3 meses. Un rasgo que a min me caracteriza é a sinceridade e cando a pobre muller me dicía que non tiña sorte, que pacería que alguén lle votara un conxuro, eu contesteille como xa dixen, con sinceridade. A miña resposta foi: Muller, ti tes o que buscaches. Creo que esta resposta non lle gustou moito. Pero sí, ten o que se buscou, se cando tiña 18 anos nos andivera de flor en flor, quizais algún rapaz a tomaría enserio, na contra de cómo lle ocorre hoxe en día. A conversación seguiu…

As nosas decisións pasadas marcarán o noso futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario