jueves, 16 de abril de 2009

O que nos motiva...

Hoxe, quero deixar unha reflexión que xaºteño dende fai tempo: ¿cáles son as motivacions da xente?



Coñecendo, falando e observando á xente da miña idade ou un pouco mais xove observei que o único que motiva á maioría é saír de festa. ¿Non é triste? ¿Eso é o que queremos facer da nosa vida? ¿Saír de festa? ¿Beber? A xente que deixou de estudiar ou os que acabaron os estudos e xa están traballando, só pensan na finde semán e semella que aborrecen o seu traballo, que só é un medio para conseguir cartos o final do mes e non ven que no traballo e en durmir van a invertir a maioría do tempo da súa vida...carecen de plan de carreira...podemos dicir que a súa vida carece de sentido? E isto é independiente de ter parella ou non...é triste, pero é así...



Máis adiante cando a xente xa se estabiliza e a maioría cásase ou vive en parella, o que nos motiva é competir co veciño, sí sí, quen ten o coche máis caro, quen van máis tempo de vacacións, etc. Teño un veciño, que mercou un Honda (para lucirse, porque valen unha pasta e o fine o cabo non teñen nada, porque non deixa de ser a gama baixa da Lexus) e cando paso diante da sua casa e vexo que non ten cartos para pintala (porque a ten recebada e quen merca ese tipo de coches e non a ten pintada é poque non pode), pois no meu adentro dígome: qué triste...o coche, a roupa que leva e as vacacións que se da, iso vese pero ter un fogar, un traballo no que realizarse, semella que ser secundario (pois o pobre home traballa a destallo nas obras para pagalo coche e como se soe dicir o postureo)...



Así digo: ¿qué é o que nos motiva?

3 comentarios:

  1. Ola Rubén:

    Penso que tes razón en moitas das cousas que dis, sen embargo, non se pode xeneralizar tanto, eu dende logo non o faría.

    Claro que hai xente que só pensa en gañar cartos para saír de festa e pasa toda a semana agardando a finde para sair e punto, pero tamén hai xente que lle gusta o que fai e que vive procurando aprender algo novo cada día, que ten metas, obxectivos, soños e que loita por conseguilos.

    Por outro lado, parece que a envexa é o cotilleo son os deportes nacionais por excelencia, mais non sempre é así, como xa che dixen non se pode xeneralizar.

    Por exemplo, ¿ti identificaste con esta descrición que acabas de facer da xente xove? ¿que é o que te motiva a ti?

    Un saúdo!!!

    ResponderEliminar
  2. Que che podo dicir??? Se eu me incluise nesa descrición que ti fas creo que non deixaría o comentario anterior, non cres?

    Aínda que en momentos de baixón dame por crer que a ignorancia dá a felicidade, en realidade sempre pensei que o coñecemento nos fai libres, danos o poder de elixir en base a o que imos aprendendo. Nunca saberemos suficiente e hai que aprender ao longo de toda a vida, a medida que estudamos máis, damonos de conta disto.

    Pola miña parte, direiche que o que me motiva é aprender, aprender cada día algo novo para chegar a sentirme plenamente realizada tanto no plano profesional coma no personal. Non obstante, tamén che direi que me gusta pensar na fin de semana porque é cando teño tempo de facer outras cousas que tamén me motivan.

    Un saúdo!!!

    ResponderEliminar
  3. Ai a festa!!!
    Evidentemente moita xente ven estando motivada por ela tal e como ben comentas neste post.
    Pero para min o verdadeiro problema e a falta de motivacións, a festa non é máis que a saída fácil para refuxiarse e non ver que realemente non teñen nada que lles satisfaga, que lles leve a baleirar a súa creatividade ou as suas paixóns ocultas.
    Estudo por estudar, traballo por que é necesario, e respiro porque estou vitalmente obrigado, ala xa cumplín por hoxe e polo resto dos meus días. Iso é o verdadeiramente preocupante non cres???

    Un saúdo

    ResponderEliminar