martes, 3 de marzo de 2009

O medo

hoxe déronme unha idea para comeza-la entrada: O medo. ¿qué é o medo? ¿onde nos leva?...como xa dixen, e palabras de punset (filla) considera que a infelicidade está relacionada co medo, coa pertenza a un grupo (fai millons de anos non estar nun grupo, supuña moi probablemente a morte). Hoxe en dia xa non é así. Pero o medo, ó meu parecer, lévanos a ser infelices. ¿qué hai máis triste que face-las coousas por medo? ¿qué hai máis triste que estar toda a vida na casa (dos pais) por medo a sair fora? ¿qué hai másis triste que escoller unha carreira (laboral ou universitaria) por medo (a sair fora)? ¿qué hai másis triste que ter un traballo no que non desfrutas do que fas e só pensas na hora de saida? ¿qué hai máis triste que escudarte na pena e non sair dunha mesma situación que sempre se repite? ¿qué hai máis triste que estar só (ainda que teñamos amizades)? A resposta é o medo.

1 comentario:

  1. Hola Rubén!

    Moi interesante o tema da túa entrada, o medo.

    Na miña opinión é completamente normal sentir medo, de feito, todos sentimos medo nalgunha ocasión ao longo das nosas vidas.

    O importante da cuestión é que, a pesares de sentir medo ante determinadas situacións (cambios na nosa vida, perseguir o que desexamos, etc.) sexamos capaces de manexalo e vencelo. Hai unha frase que lin fai tempo que resume isto: que o medo a perder non che impida xogar.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar